mércores, 21 de decembro de 2016

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE: CARREIRA SOLIDARIA



Celebramos un ano máis a carreira solidaria en colaboración coa ONG Save the Children. Nesta ocasión o diñeiro no que se converten os quilómetros solidarios está destinado a asegurar o acceso á auga potábel e un saneamento axeitado para os rapaces de Etiopía.

A ONG proporcionounos material didáctico  que lle forneceu, após ser presentado ao noso alumnado, unha visión global das consecuencias que provoca a falta de auga.

Suficientemente informados e ben concienciados coa problemática, mostramos a nosa solidariedade facendo uns quilómetros. Vai por vós!





Ter acceso á auga é un dereito humano fundamental que millóns de persoas no continente africano non teñen garantido.






A  auga, símbolo de vida e purificación en moitas culturas, convértese en doenza e morte para gran parte da poboación.







Ningún comentario: