Quedamos conxelados porque non falades galego... Espértanos xa!
Esta é a bitácora do Equipo de dinamización lingüística do Illa. Aquí atoparás follas soltas do noso diario.
luns, 23 de xaneiro de 2017
sábado, 14 de xaneiro de 2017
COUSAS de CASTELAO
O venres fomos ver adaptación teatral de Cousas de Castelao. A obra foi representada polo grupo os Quinquilláns e resultou todo un éxito.
De camiño fomos botando unhas parrafadas, mais prometo que non falabamos de Castelao nin da súa obra!
Chegados ao auditorio estabamos ledos e desexosos de que comezase o espectáculo.
Os lances foron presentados polo burro que "tiña os ollos abertos, enfiados no chan".
Por diante de nós foron pasando o Rifante, Migueliño e o seu pai, a Marquesiña, os indianos ricos... o mundo enteiro e sinxelo, mais cheo de ironía e humor de Castelao.
Moi boa representación. Parabéns para a compañía e para nós!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)