mércores, 25 de novembro de 2015

25-N: Día contra a violencia machista.



MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO – IES ILLA DE SAN SIMÓN

                Os zapatos vermellos enchen as prazas: cantas nais, amigas, fillas, compañeiras… que xa non voltarán.
                Todos sabemos que amar non é posuír, que o amor non se demostra con celos nin golpes, que ser home ou muller en parella non debería converter a ninguén en amo ou escravo… pero aí están as cifras… 48 mulleres asasinadas xa neste ano 2015, 48 vidas arrebatadas, 48 familias rotas, 48 historias non contadas…
                “Nin un golpe máis, nin unha muller menos” ese é o lema máis escoitado no últimos días. Pero, entón que é o que pasa? Se todos sabemos que non debería ocorrer, por que ocorre? Que estamos a facer mal? Ou que non estamos facendo?
                Existen multitude de organismos oficiais que están traballando a cotío en programas e medidas para intentar eliminar esta lacra, pero quizais o maior dos problemas sexa que as mulleres se senten oprimidas, acurraladas, aterrorizadas e atrapadas de tal forma que, a pesar de todo, se ven incapaces de reverter esta situación, incluso, de pedir axuda.


                O illamento, a incomunicación, a ruptura co círculo social e coa contorna, a dependencia económica e emocional, a sensación de culpabilidade, a idea de non romper coa familia para non prexudicar os fillos, a perda de liberdade, a perda de capacidade para tomar decisións por si mesmas, o medo, a soidade, o agochamento… fan que sexa moi difícil rachar co silencio, ese silencio asasino que termina por converter a unha muller maltratada  nun número desa listaxe de vítimas, que converte un 47 un 48.


                Este é o noso decálogo de intencións:

1.       Rompe as cadeas da opresión.
2.       Non te deixes manipular, ti tes o control.
3.       Non te rendas.
4.       Non estás soa.
5.       Di non ao medo.
6.       Cóntao.
7.       Hai saída.
8.       Unha vida mellor é posible.
9.       Non te culpes.
10.   Non sexas un número máis.


Tantos lemas para reivindicar un dereito fundamental e natural do ser humano: ser libres, vivir sen medo! Pero estes lemas non son suficientes, quizais se todos e todas puxésemos un pouco máis da nosa parte, se non mirásemos para outro lado, sería posible evitar o número 49?
       Outra nai, outra filla, outra amiga, outra compañeira menos…

       Hoxe temos un soño….

       Celebrar o vindeiro 25 de novenbro como o primeiro aniversario da esperanza, dunha sociedade sen violencia de xénero…

       Oxalá o noso soño se faga realidade!!!




martes, 24 de novembro de 2015

O magosto

Celebración do magosto.
Facendo as castañas.



Dicionario da Real Academia Galega:
castañasubstantivo feminino1Froito comestible do castiñeiro.Caldo de castañas. SINÓNIMO bullote2Tubérculo da pataca.Vou planar unhas castañas. SINÓNIMO castaña da terra FRASES E EXPRESIÓNS CON castañaCastaña da terraCastaña (acepción 2).Con estas castañas da terra pódese facer un bo cocido.Quedar en auga de castañasVÉXASE auga
Preparados para repartir os cornetes.

Dicionario da Real Academia Galega:

cucuruchoForma correcta: cornete


cornetesubstantivo masculino1Papel enrolado en forma de cono que serve para envasar caramelos, doces, froitos ou calquera outra cousa que se venda a granel.Mercamos un cornete de castañas asadas.2Barquillo en forma de cono no que se serve habitualmente unha ou máis bólas de xeado.Ía comendo un cornete de nata e chocolate.