mércores, 23 de xaneiro de 2019

ARNELA



PORFILLA UNHA PALABRA 18


"Porfilla unha palabra" é un concurso que ten como obxectivo a recuperación de palabras en desuso ou esquecidas.
Xa temos palabra e alumna gañadoras neste curso 18-19!

A palabra gañadora é ARNELA:



A alumna que nos propón salvar do esquecemento esta palabra é:

MEI CHU VERDEJO VEIGA 


Parabéns! Grazas á gañadora e a todos os participantes!


luns, 21 de xaneiro de 2019

ALBA DE GLORIA



ALBA DE GRORIA, de CASTELAO



    O día 17 de xaneiro de 2019 visitamos a exposición que recrea e explica o famoso discurso Alba de Groria de Castelao.

Chegamos a Santiago unha mañá de incertas nubes e poalla.



Pouco e pouco o sol foise impondo no ceo mentres camiñabamos cara Bonaval.


Xa co sol a lucir sobre Compostela entramos á exposición.

Alba de gloria foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao. Fíxoo diante dos emigrados e exiliados galegos reunidos o Día da Patria Galega , o 25 de xullo de 1948, no Teatro Argentino no marco do festival celebrado polo Centro Gallego de Bos Aires. 




No discurso, Castelao, percorre a nosa historia, mais remata destacando a tradición do pobo e a súa alma sen nome que representada por milleiros de luciñas "son as que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, o feito diferencial de Galiza".

















Saímos cheos de ledicia festeira ao radiante sol que baña en dourado as pedras compostelás.



LOIS PÉREZ: LONG PLAY


Long Play, Lois Pérez





              O pasado 19 de decembro de 2018 tivemos connosco a Lois Pérez.


No Multiúsos da Xunqueira, grazas a Xurxo de Dinamización do Concello, puidemos gozar coa súa presenza.



Este poeta-mestre-contador de historias víñanos presentar o seu novo libro, Long Play.

Esta era a razón do seu paso pola nosa vila, mais a súa actuación superou amplamente ese motivo inicial. Transmitiunos a súa poesía  e contounos as súas historias deixándonos arroubados coa súa maxia e beleza poética.





















Grazas, Lois, por deixarnos a túa poesía e música.

Aquí temos algúns momentos da súa actuación.