luns, 27 de novembro de 2017

SCRIPTORIUM


Como se facían os códices?







Como traballaban os copistas?







Que instrumentos utilizaban?





Como e en que escribían?
 

Resposta a todo isto tivo o alumnado de primeiro que asistiu ao obradoiro organizado polo Servizo de Normalización do Concello. Alá foron con toda a ilusión de aprender un oficio da Idade Media. 

Vede o que fixeron os de 1º A.


E os de 1º B.



Quizais agora sexamos capaces de facer algo semellante a isto: PERGAMIÑO VINDEL (século XIII)




O Scriptorium

 Durante a Idade Media, existían nalgúns mosteiros e abadías, uns talleres monacais coñecidos coma Scriptoria, onde os monxes dedicaban parte da súa vida a crear, decorar, copiar, iluminar e encadernar libros e códices.

 Un códice é un libro escrito á man (manuscrito) principalmente sobre pergamiño. Compóñense de follas pregadas e atadas que se protexen encadernándoas. Estes monxes medievais, denominados copistas, traballaban nos Scriptoria. 

O seu labor consistía en recuperar textos antigos a través dunha escritura coidada, aliñada e de gran beleza. Nunha época na que aínda non se inventara a imprenta, o duro traballo destes artistas nos scriptoria servirá para conservar os coñecementos e transmitir a sabedoría. 

As imaxes ilustradas que acompañan en moitas ocasións os textos serán froito do magnífico labor dos monxes miniaturistas. A función destas miniaturas, ademais da puramente estética e artística, será a de facilitar a comprensión do escrito a todos aqueles que non saiban ler nin escribir.

 Cada Scriptorium tiña unhas regras e un director que coordinaba o traballo dos copistas, iluminadores e encadernadores. Non todos os monxes podían traballar no Scriptorium, xa que requiría dunha gran mestría caligráfica e pictórica ademais de virtudes tan importantes coma a paciencia, a serenidade, a temperanza e a fortaleza física e espiritual. Nalgúns casos este traballo diario e enormemente fatigoso podía chegar a acabar coa súa propia vida. Estes monxes medievais converteranse en artistas e os seus traballos en auténticas obras de arte.

luns, 13 de novembro de 2017

O MAGOSTO do 17

Neste magosto de 2017 tivemos festa rachada.

POSTO DE VENDA DE CASTAÑAS:



TERRORÍFICOS RELATOS DE MEDO NA BIBLIOTECA:




XOGOS TRADICIONAIS


CHAVE:






















PETANCA:





CARREIRA DE SACOS:







TIRA DA CORDA:



















xoves, 2 de novembro de 2017

Airiños aires Rosalía.

En outubro fomos visitar a exposición fotográfica de Xurxo Lobato Airiños aires Rosalía.

luns, 26 de xuño de 2017

III CONCURSO A CAMISOLA DA LINGUA

Resolto o III concurso "A camisola da lingua" resultaron gañadores estes dous deseños:


1º premio: Rebeca Calvar González de 3º B.













A gañadora amosa a camisola:


Accésit: grupo do alumnado de cuarto.

venres, 23 de xuño de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO 21/06/17




Aquí tedes un pequeno resumo do gran festival de fin de curso na biblioteca.







MOITAS GRAZAS,   ATÉ O VINDEIRO CURSO!!!


mércores, 14 de xuño de 2017

NÓS EN ALLARIZ

Achegámonos á vila de Allariz con visita á Central de biomasa BIOALLARLUZ, ao Museo da moda, á Fundación Vicente Risco e, como non, baño refrescante!!!  Vede a nosa visita en imaxes:




Moitas grazas á profe Inés por ser a nosa guía amosándonos a beleza da vila e os encantos que agochan os seus museos.

Agardamos repetir!!!

xoves, 1 de xuño de 2017

III concurso A CAMISOLA DA LINGUA

Chegamos ao terceiro concurso A CAMISOLA DA LINGUA. Tedes que facer un deseño relativo ao galego e á súa normalización para estampar nunha camisola. A seguir van as camisolas gañadoras en concursos anteriores.



domingo, 28 de maio de 2017

SONDAXE SOCIOLINGUÍSTICA



Este ano académico realizamos unha sondaxe sobre o uso do galego entre todo o alumnado, profesorado e pais.














venres, 21 de abril de 2017

xoves, 20 de abril de 2017

DÍA de ROSALÍA

Para celebrarmos o Día de Rosalía recitamos poemas da autora e atrevémonos a imitar os seus cantares, fixemos os Cantares redondeláns. Grazas ao alumnado de primeiro que, guiado pola profesora Helena,  participou con entusiasmo compoñendo estas súas cantigas.





Tamén visitamos a súa casa-museo e fixemos un percorrido pola vila de Padrón.







Parabéns polo voso entusiasmo e outros MIL DÍAS MÁIS DE ROSALÍA NA NOSA LINGUA!


luns, 23 de xaneiro de 2017

sábado, 14 de xaneiro de 2017

COUSAS de CASTELAO


O venres fomos ver adaptación teatral de Cousas de Castelao. A obra foi representada polo grupo os Quinquilláns e resultou todo un éxito.


 De camiño fomos botando unhas parrafadas, mais prometo que non falabamos de Castelao nin da súa obra!







Chegados ao auditorio estabamos ledos e desexosos de que comezase o espectáculo.




Os lances foron presentados polo burro que "tiña os ollos abertos, enfiados no chan".




Por diante de nós foron pasando o Rifante, Migueliño e o seu pai, a Marquesiña, os indianos ricos...  o mundo enteiro e sinxelo, mais cheo de ironía e humor de Castelao.



Moi boa representación. Parabéns para a compañía e para nós!