xoves, 25 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO

Celebramos  o día de Rosalía con diversas actividades.

1.- Rosalía viaxeira: sobre mapas e coa axuda da súa biografía, sinala os lugares nos que residiu.



                          BIOGRAFÍA

1837: Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro. Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía (1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871). Puxéronlle os nomes de María Rosalía Rita.
1838: Foi coidada polas tías paternas María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño.
1842: Consta que vivía coa súa nai en Padrón.
1850: Trasládase con súa nai a Compostela, onde participa nas actividades do Liceo de la Juvendud como actriz.
1855: Reside coa súa nai en Padrón.
1856: Viaxa a Madrid. Residirá na casa da súa tía María de Castro.
1857: Publica o seu primeiro libro en castelán, o poemario La Flor no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de Murguía.
1858: O 10 de outubro casa con Manuel de Murguía en San Ildefonso de Madrid.
1859: Primeira novela, La hija del mar.
Nace a súa primeira filla, Alexandra (Santiago, 1859). Os outros fillos son: Aura (Santiago, 1868), os xemelgos Gala e Ovidio (Lestrobe, 1871), Amara (A Coruña, 1873), Adriano Honorato (Santiago, 1875) e Valentina (Santiago, 1877).
1862: Segunda novela, Flavio.
1863: Volve para Santiago. Publica A mi madre e Cantares gallegos, obra considerada símbolo do Rexurdimento literario pleno (Vigo, Juan Compañel).
1864: Publica o seu único conto en galego: Contos da miña terra. O matrimonio reside en Lugo.
1867: Publica a súa novela máis longa, aínda que coma o resto en castelán: El caballero de las botas azules.
1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas (Valladolid), cargo que exercerá ata 1870. Polo seu cargo a familia viaxa pola Mancha, Estremadura, Murcia, Alacante, Madrid.
1869-1870: En Simancas escribe grande parte do poemario Follas Novas.
1870: reside en Madrid onde coñece a Bécquer.
1871: Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña. Alterna a residencia con Lestrobe.
1872: Segunda edición de Cantares Gallegos  que contén 4 poemas máis. É a única reedición dun libro de Rosalía, mentres ela aínda vive.
1878-1881: Vive en Santiago, alterna a súa residencia en Santiago con estancias en Lestrobe.
1880 Publícase Follas Novas, obra que a consagra.
1883: Desde este ano vive nunha casa no lugar de A Matanza (Padrón). Desde 1972, é Casa-Museo.
1884: Publica o seu último libro de poemas: En las orillas del Sar.
1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Adina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.
1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente nun mausoleo creado polo escultor Jesús Landeira,  na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.



  • Une con frechas as cidades e vilas que percorreu Rosalía entre 1837 e 1855




  • ROSALÍA VIAXEIRA (1856-1871). Sinala as Comunidades e cidades nas que viviu Rosalía entre eses anos.
  • Une con frechas as localidades nas que pasou Rosalía os derradeiros anos (1878-1885)
  •  
     
    2.- Que sabes de Rosalía? 
Rosalía-quest

1- Por que se celebra hoxe o día de Rosalía?

a) Porque morreu un 24 de febreiro
b) Porque naceu un 24 de febreiro
c) Porque non quedaban máis días

2- En que ano naceu?
a) 1837
b) 1937
c) 1737

3- Quen foi o seu pai?

a) Foi filla dun conde
b) Foi un crego, polo que era "filla de solteira"
c) Xosé de Castro

4- Con quen casou?

a) Eduardo Pondal
b) Manuel Murguía
c) Curros Enríquez

5- Sinala que obra NON é de Rosalía

a) Cantares Gallegos
b) Queixumes dos pinos
c) Follas Novas

6- Por que o 17 de maio é o Día das Letras Galegas?

a) É o día no que se publicou Cantares Gallegos no ano 1863
b) É o día no que morreu Rosalía
c) É o día no que se escribiu Sempre en Galiza

7- Continúa estes versos: " Adiós ríos, adiós fontes..."

a) Adiós, regatos pequenos
b) Adiós, meus pequeno nenos
c) Adiós, amoriñas das silveiras

8- Saberías dicir a que poema pertencen estes versos?

" Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa."

a) Unha vez tiven un cravo
b) Negra Sombra
c) Adiós ríos


9- Onde está a casa museo Rosalía de Castro?

a) En Santiago de Compostela
b) En A Coruña
c) En Padrón

10- " Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!"


De que é este poema e a quen está dedicado?
a) A Rosalía, de Curros Enríquez
b) A Rosalía, de Manuel Murguía
c) A Rosalía de Eduardo Pondal

11- Onde está enterrada Rosalía?
a) En Padrón
b) En Vigo
c) No Panteón de Galegos Ilustres de Santiago

12- En que século escribiu?

a) XVIII
b) XIX
c) XX

13- Cantos fillos tivo?

a) Ningún
b) Tres
c) Sete


14- E agora, unhas preguntiñas sobre o seus poemas. Saberías dicir...

1- Que campás fan chorar a Rosalía?
a) as de Santiago
b) as de Bastabales

2- A gaita galega: chora ou canta?
a) Chora
b) Canta

3- De que cor volven de Castela os galegos?
a) Branca
b) Negra

4- Que árbores prantou na súa hortiña?
a)Eucaliptos
b) Figueiriñas

5- Enriba de que estaba o moucho?
a) do penedo
b) dunha póla

6- Cal é o lugar máis fermoso do mundo para ela?
a) Galicia
b) Portugal

7- Que tempo hai por Laíño?
a) Despexado
b) Chove miudiño



3.- Encrucillado rosaliano.  

 1.-  Vertical: Pra…     , título dun poema de  Follas novas co nome da capital de Cuba. 
 2.-   Vertical: Apelido do seu home. 
 3.-  Vertical: Adxectivo do título do libro publicado en 1880. 
 4.-  Vertical: Ao revés, substantivo do título do libro publicado en 1863. 
 5.- Horizontal: As de Bastavales, parroquia do concello de Brión son as máis famosas. 
 6.-   Horizontal: Título, sen artigo, do seu primeiro libro de poemas  escrito en castelán. 
 7.-  Horizontal: Título do terceiro libro de Follas novas. 
 8.-  Vertical: 1ª palabra do pseudónimo da escritora á que lle dedica Cantares gallegos. 
 9.- Vertical: Nome do cemiterio no que foi soterrada en 1885.
10.-   Horizontal: Título da súa segunda novela. 
11.-   Horizontal: Terceiro nome de pía da autora. 
12.-   Vertical: Río que aparece no título do seu único libro de poemas en castelán. 
13.-   Horizontal: Casa, hoxe museo, na que pasou os seus derradeiros días.










1








2


3

4




5
























6





7



















8

9









10


















11












12



















13












































Solución:












1









2


3
H
4





5
C
A
M
P
A
N
A
S








U


O
B
E




6
F
L
O
R

7
V
A
R
I
A






G


A
N
A




8

9

U


S
A
T



10
F
L
A
V
I
O



N




E

D

A
11
R
I
T
A




R

I


12



C




N

N


S






13
M
A
T
A
N
Z
A








N




R