luns, 27 de novembro de 2017

SCRIPTORIUM


Como se facían os códices?







Como traballaban os copistas?







Que instrumentos utilizaban?





Como e en que escribían?
 

Resposta a todo isto tivo o alumnado de primeiro que asistiu ao obradoiro organizado polo Servizo de Normalización do Concello. Alá foron con toda a ilusión de aprender un oficio da Idade Media. 

Vede o que fixeron os de 1º A.


E os de 1º B.



Quizais agora sexamos capaces de facer algo semellante a isto: PERGAMIÑO VINDEL (século XIII)




O Scriptorium

 Durante a Idade Media, existían nalgúns mosteiros e abadías, uns talleres monacais coñecidos coma Scriptoria, onde os monxes dedicaban parte da súa vida a crear, decorar, copiar, iluminar e encadernar libros e códices.

 Un códice é un libro escrito á man (manuscrito) principalmente sobre pergamiño. Compóñense de follas pregadas e atadas que se protexen encadernándoas. Estes monxes medievais, denominados copistas, traballaban nos Scriptoria. 

O seu labor consistía en recuperar textos antigos a través dunha escritura coidada, aliñada e de gran beleza. Nunha época na que aínda non se inventara a imprenta, o duro traballo destes artistas nos scriptoria servirá para conservar os coñecementos e transmitir a sabedoría. 

As imaxes ilustradas que acompañan en moitas ocasións os textos serán froito do magnífico labor dos monxes miniaturistas. A función destas miniaturas, ademais da puramente estética e artística, será a de facilitar a comprensión do escrito a todos aqueles que non saiban ler nin escribir.

 Cada Scriptorium tiña unhas regras e un director que coordinaba o traballo dos copistas, iluminadores e encadernadores. Non todos os monxes podían traballar no Scriptorium, xa que requiría dunha gran mestría caligráfica e pictórica ademais de virtudes tan importantes coma a paciencia, a serenidade, a temperanza e a fortaleza física e espiritual. Nalgúns casos este traballo diario e enormemente fatigoso podía chegar a acabar coa súa propia vida. Estes monxes medievais converteranse en artistas e os seus traballos en auténticas obras de arte.

luns, 13 de novembro de 2017

O MAGOSTO do 17

Neste magosto de 2017 tivemos festa rachada.

POSTO DE VENDA DE CASTAÑAS:



TERRORÍFICOS RELATOS DE MEDO NA BIBLIOTECA:




XOGOS TRADICIONAIS


CHAVE:






















PETANCA:





CARREIRA DE SACOS:







TIRA DA CORDA:



















xoves, 2 de novembro de 2017

Airiños aires Rosalía.

En outubro fomos visitar a exposición fotográfica de Xurxo Lobato Airiños aires Rosalía.