Esta é a camisola gañadora deste ano 2018.
Deseño de Salma Nabbar. Parabéns!!
Esta é a bitácora do Equipo de dinamización lingüística do Illa. Aquí atoparás follas soltas do noso diario.
luns, 18 de xuño de 2018
ANTE A COR LARANXA DO MAR DA RÍA DE VIGO
XIX
concurso de relato breve IES ILLA DE SAN SIMÓN
O gañador desta edición de relato breve, segundo
a decisión do xurado, foi
YERAY RODRÍGUEZ PUENTES
co relato Ante a cor laranxa do mar da ría de
Vigo.
Parabéns!
Eis o relato gañador.
ANTE A COR LARANXA DO MAR DA RÍA DE VIGO
Pum!
Pechei dun bo golpe a porta, para que miña nai se decatara do meu cabreo. A ela
non lle gusta que trate así a porta, por iso o fixen.
Sempre
igual , cada vez que chego un chisco tarde de andar coas miñas amigas pola rúa
móntame un lío... Ademais se me retrasara... eu que sei... catro horas e
chegase na media noite, eu calaba e non dicía nin pío, pero é que esta vez só
cheguei dúas horas tarde.
Bah!
É igual, eu sigo coas miñas cousas no meu cuarto e déixoa soa refungando.
Cámbiome de roupa e prendo o meu ordenador para esquecerme da miña abafante
nai. Teño pensado conectarme ao xogo e chatear cos meus amigos. Como era venres
e xa acabara a época de exames, tiña liberdade total.
Póñome a xogar cun amigo
que, de feito, coñecín no chat. Falabamos a miúdo, por non dicir todos os días.
O seu usuario na rede e "SpartIago" , obviamente chámase Iago , e
creo que é bo rapaz e simpático, nas videochamadas de Skype sempre me facía
rir. Non era o único amigo que tiña (no xogo), algúns nin sequera son da miña
cidade e até nin de Galicia, pero aínda así son os meus amigos... creo...
Amigos non sei se o serán,
pero si me acompañan mentres xogo, trátanme ben , falamos das nosas cousas e
compartimos ideas, falamos ( de moitas cousas) moito. Iso pódese considerar
unha relación de amizade verdadeira? Ou é unha falsa ilusión?
Iago
é o único que vive na mesma cidade ca min, pero nin por esas tiñamos falado de
quedar para coñecernos. Algún día teño que propoñerllo, se non morro de vergoña
antes. Se a miña nai venta que me pasa pola cabeza quedar cunha persoa que coñecera pola
Internet, mátame. É normal coa movida de acosadores e pederastas, pero sei que
é un rapaz normal, coma min.
Son
as tres da madrugada e sigo enganchado para conseguir por fin a Arma Lendaria
Nvl.10, estou que caio de sono, sóame un asubío no móbil. Desbloqueo a pantalla
rapidisimamente e era unha mensaxe de, como non, Iago , pero agora estou co
xogo e non lle podo contestar. Así que tiro o móbil enriba da cama e déixoo
alí. Remato de xogar, xa non aguanto máis , estou super canso, apago o
ordenador e paso da cadeira de rodas a poñerme aos pés da cama e deixarme caer
enriba dela e quedo durmido...ZzZzZz...
-David!
Érguete xa! Todo o día a durmir sen facer nada! Son as dúas da tarde xa, ou te
ergues ou quedas sen comer! -grítame miña nai.
Facerte
erguer a berros debía ser a derradeira moda entre as nais. Só escoitala así
pola mañá facía que se me levantara unha dor de cabeza insoportable. Así que,
vou recorrer ao mellor amigo dun adolescente, o Ibuprofreno , tómoo e baixo
comer. Que noxo! Chégame ao nariz o cheiro do que íamos comer hoxe… peixe. Que
maldito noxo! Vaia comezo de día, berros e comida noxenta.
Rematado
o xantar, cando ía baixar co can, sóame o móbil. Era Laura, a miña mellor
amiga, quería saber se podiamos quedar para tomar algo e dar unha volta, eu
díxenlle que estaba dispoñible, así que podiamos quedar. Fomos a unha cafetería
do centro tomar algo, ela pediu un
batido de amorodos e eu, como bo larpeiro, un batido de chocolate. Estivemos de
rexouba falando dos rapaces guapos e maiores de bacharelato, foi unha tarde
produtiva. De súpeto, ao ver o móbil, lembrei a mensaxe de Iago e que aínda non
lera. Dicía:
"Boassss! :3 Estaba
pensando en quedar mañá para coñecernos en persoa. Que me dis? Gustaríache?
Poderiamos quedar no Areal e dar unha volta polo paseo do Náutico...? Ou
podemos facer o que ti
queiras ^.^ "
Cando
o lin quedei a cadros, por unha parte,
claro que me gustaría coñecelo en persoa, pero por outro lado morrería de
vergoña. Leuno tamén Laura e animoume.
-Dei! Vai e queda con el,
non perdes nada por quedar co rapaz, contéstalle e queda -insistiume Laura
Non
sabía que facer. Quedar con el ou non quedar con el? Velaí a cuestión.
Decidido, pero inseguro, mantemos unha conversa vía WhatsApp á que Laura estaba
moi atenta:
Claro!
As 18:00 no Areal ^^
xa sabes que son moi vergoñento
non mo teñas en conta :P 16:57
Perfecto voume ir preparando.
Quedamos dentro dunha
hora.
Vémonos! Estou algo
nervioso
Hahaha ★☆★ 16:58
Recoñecerasme? 16:58
Claro! E ti a min? 16:58
Recoñecería esa cara a
quilómetros hahaha 16:59
Entón vémonos agora. 17:00
Así
é :3 17:00
Vaia
co percal! volveume á cabeza a miña nai, se chegaba a saber que ía quedar con
alguén que coñecera por Internet... non
me castigaba, non… matábame!
Despedinme
de Laura e fun correndo á casa para poder cambiarme de roupa, ou polo menos
poñer algo decente e non parecer un esmoleiro.
Puxen
uns pantalóns vaqueiros azuis a xogo coa miña chaqueta e unhas zapatillas
brancas. Botei unhas pingas da miña colonia favorita e xa estaba listo.
Cando faltaban dez minutos para a quedada, fun
saíndo da casa.
Xa
é a hora, vou chegando, estou moi nervioso e creo que me vai dar algo. Xa o vin
dende o outro lado da rúa, estaba sentado nun banco. Non había dúbida:
branquiño de pel, pelo castaño claro con reflexos louros e os seus ollos cor
marrón. Estábame a sorrir! Sentíame nervioso...tanto que as miñas pernas
comezaron a tremer. Achegueime onde el e púxose de pé, para a miña sorpresa é
máis alto ca min, iso non o sabía. Estabamos cara a cara e non sabía que
dicirlle , entón decidín darlle un aperta para romper o xeo. Decateime de que
ulía a vainilla, son bastante observador para os pequenos detalles. Entón
comezamos a falar:
-Pensei que eras máis alto -díxome para
meterse comigo
-Eu tamén o cría até estar ao teu carón.
Entón, que imos facer? -pregunteille
-Pois o que queiras. Se queres tomamos algo na
cafetería da esquina e despois vemos o solpor.
-Paréceme xenial! -contesteille
A verdade, o plan gustábame. Debo dicir que
Iago visto en persoa, fisicamente, non estaba nada mal...
Dúas
horas na cafetería, estivemos falando de moitas cousas, fíxome rir moito,
paseino ben. Saímos e fomos ao paseo do Náutico para ver o solpor. Non quería
andar moito, así que sentei nun banco na metade do paseo, e Iago sentou ao meu
carón. O solpor, nós e só o silencio.
Era máxico, a cor laranxa do mar da ría de Vigo reflectindo a luz do Sol. Cando
me dou conta, sinto un brazo no meu ombreiro. Non me importaba nada, é máis, bótome
cara atrás no banco apreixando o seu brazo. En silencio, coma se estiveramos na
misa.
Remata
o solpor, a cor laranxa, paseniño, faise gris, míroo á cara e el dedícame un
leve sorriso, entón achegueime un pouco máis a el no banco. Comeza a facerme
cóxegas no ombreiro e eu deixo caer a miña cabeza na súa man. Que romántico
todo! Parecía un conto de Disney, só faltaba o bico para pechalo.
Cando levanto a miña
cabeza doume conta de que se fixera noite, só nos iluminaba a luz do farol que
tiñamos enriba de nós. Volvo mirar cara
Iago e nese momento... o conto Disney fíxose realidade!
Soltoume un bicazo nos
beizos! Isto era novo e non tiña nin idea que facer.
Os seus beizos suaves
rozaban cos meus , sentía algo indescritible, unha emoción vigorizante. O meu
primeiro bico! E encantoume. Despois dese bico mergulleime nos seus ollos e,
sen pensalo, deille tamén eu un bico en toda a súa boca.
Soa
o meu móbil, e é miña nai para dicir que volva xa á casa. Vaia que
"cortarrollos" é! Téñome que despedir, pero non quero, oxalá este
momento durase para sempre! Era eu
nun conto co meu príncipe azul! Puxémonos de pé, aperteino fortemente e démonos
outro bico.
Fun correndo cara á casa para
volver escoitar outra berrada da miña nai como a de onte.
Ao
día seguinte quedamos. Vino dende lonxe, estaba de pé xunto á parada do bus.
Achegueime a el, mirou
cara a min e eu mirei cara el... Démonos unha aperta e bicoume nos beizos
e...sinto que cheguei
a
outra dimensión.
luns, 14 de maio de 2018
ANAGNÓRISE, teatro.
O alumnado de 4º asistiu á adaptación teatral da novela Anagnórise, de María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.
luns, 9 de abril de 2018
PLANTACIÓN NO MONTE ESPIÑO
A vaga de lumes no
outono cubriu de cinza os montes arredor de Redondela. As horas de
desesperación afogando as lapas deron paso a días de resignación. Apagouse o
lume e, co tempo, esmoreceu a carraxe.
Chega a primavera, pero, con ela, o gris invernal da
paisaxe non troca de cor. A choiva, que sempre trae verdor aos ecosistemas
galegos, réndese esta vez, tras décadas de loita contra os lumes provocados.
Pero o alumnado do
IES Illa de San Simón non se rende. E
decide actuar.
Así que, co inicio da primavera, os nosos alumnos póñense mans á terra e participan en dúas actividades para axudar a rexenerar os nosos montes.
Así que, co inicio da primavera, os nosos alumnos póñense mans á terra e participan en dúas actividades para axudar a rexenerar os nosos montes.
Os alumnos de 2º
de ESO fan un pequeno alcouve ou sementeiro.
Cada landra que plantan e apadriñan con agarimo, será un futuro carballo. Co tempo formará parte da pequena carballeira que intentará repoboar algunha zona castigada polo lume.
Cada landra que plantan e apadriñan con agarimo, será un futuro carballo. Co tempo formará parte da pequena carballeira que intentará repoboar algunha zona castigada polo lume.
Os alumnos de 4º
de ESO participaron nunha repoboación forestal organizada pola Comunidade de Montes Veciñais de O
Viso.
Nun lugar de incrible beleza, con vistas á Enseada de San Simón e á capela do Monte da Peneda, os alumnos concienciáronse das consecuencias negativas dos lumes, das vantaxes da repoboación con especies arbóreas frondosas e pasearon por unha carballeira que serve de devasa natural para protexer as casas.
Para finalizar a xornada, repoboaron una parte do Monte Espiño con bidueiros, carballos e castiñeiros.
Nun lugar de incrible beleza, con vistas á Enseada de San Simón e á capela do Monte da Peneda, os alumnos concienciáronse das consecuencias negativas dos lumes, das vantaxes da repoboación con especies arbóreas frondosas e pasearon por unha carballeira que serve de devasa natural para protexer as casas.
Para finalizar a xornada, repoboaron una parte do Monte Espiño con bidueiros, carballos e castiñeiros.
Un gran de area pode quizais non faga unha montaña pero, grazas aos nosos alumnos, unhas landras van facer un bosque.
DÍA DE ROSALÍA - 18
Para celebrar o Día de Rosalía tivemos recitado dos seus poemas e música ao vivo. Marabillosa celebración!!
PERGAMIÑO VINDEL
O Pergamiño Vindel, xoia literaria do século XIII, estivo exposto no Museo de Mar de Galicia en Vigo e, polo tanto, non podiamos deixar pasar a ocasión de ilo ver.
O noso alumnado gozou dunha emotiva e inesquecible visita para coñecer non só as sete cantigas de Martín Códax, senón tamén para achegarse ao esplendor da Galicia medieval.
Comezamos coñecendo a historia do Pergamiño.
O noso alumnado gozou dunha emotiva e inesquecible visita para coñecer non só as sete cantigas de Martín Códax, senón tamén para achegarse ao esplendor da Galicia medieval.
Comezamos coñecendo a historia do Pergamiño.
Estas son algunhas das fotos que fixo o alumnado durante a visita.
![]() |
| No bus. Pablo Campo |
![]() |
| Exterior do Museo. Carla Fernández |
![]() |
| Museo do Mar. Carla Fernández |
![]() |
| Museo. Carla Fernández |
![]() |
| Museo. Carla Fernández |
![]() |
| Aquario. Estela Ricón |
| Museo. Iria Lago |
| Pergamiño Vindel. Mari Luz |
![]() |
| Alumnado 3º |
![]() |
| Alumnado 3º |
![]() |
| Alumnado 1º |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































