luns, 9 de abril de 2018

PLANTACIÓN NO MONTE ESPIÑO


A vaga de lumes no outono cubriu de cinza os montes arredor de Redondela. As horas de desesperación afogando as lapas deron paso a días de resignación. Apagouse o lume e, co tempo, esmoreceu a carraxe.
Chega a primavera, pero, con ela, o  gris invernal da paisaxe non troca de cor. A choiva, que sempre trae verdor aos ecosistemas galegos, réndese esta vez, tras décadas de loita contra os lumes provocados.

Pero o alumnado do IES Illa de San Simón  non se rende. E decide actuar. 


Así que, co inicio da primavera, os nosos alumnos póñense mans á terra e participan en dúas actividades para axudar a rexenerar os nosos montes.


Os alumnos de 2º de ESO fan un pequeno alcouve ou sementeiro. 


Cada landra que plantan e apadriñan con agarimo, será un futuro carballo. Co tempo formará parte da pequena carballeira que intentará repoboar algunha zona castigada polo lume.









Os alumnos de 4º de ESO participaron nunha repoboación forestal organizada pola Comunidade de Montes Veciñais  de O Viso.


 Nun lugar de incrible beleza, con vistas á Enseada de San Simón e á capela do Monte da Peneda, os alumnos concienciáronse das consecuencias negativas dos lumes, das vantaxes da repoboación con especies arbóreas frondosas e pasearon por unha carballeira que serve de devasa natural para protexer as casas. 






Para finalizar a xornada, repoboaron una parte do Monte Espiño con bidueiros, carballos e castiñeiros.















Un gran de area pode quizais non  faga unha montaña pero, grazas aos nosos alumnos, unhas landras van facer un bosque.

Ningún comentario: