Achegámonos á vila de Allariz con visita á Central de biomasa BIOALLARLUZ, ao Museo da moda, á Fundación Vicente Risco e, como non, baño refrescante!!! Vede a nosa visita en imaxes:
Moitas grazas á profe Inés por ser a nosa guía amosándonos a beleza da vila e os encantos que agochan os seus museos.
Chegamos ao terceiro concurso A CAMISOLA DA LINGUA. Tedes que facer un deseño relativo ao galego e á súa normalización para estampar nunha camisola. A seguir van as camisolas gañadoras en concursos anteriores.
Para celebrarmos o Día de Rosalía recitamos poemas da autora e atrevémonos a imitar os seus cantares, fixemos os Cantares redondeláns. Grazas ao alumnado de primeiro que, guiado pola profesora Helena, participou con entusiasmo compoñendo estas súas cantigas.
Tamén visitamos a súa casa-museo e fixemos un percorrido pola vila de Padrón.
Parabéns polo voso entusiasmo e outros MIL DÍAS MÁIS DE ROSALÍA NA NOSA LINGUA!