Celebramos o día de Rosalía con diversas actividades.
1.- Rosalía viaxeira: sobre mapas e coa axuda da súa biografía, sinala os lugares nos que residiu.
BIOGRAFÍA
1837: Naceu
en Santiago de Compostela o 24 de febreiro. Filla de María Teresa de la Cruz de
Castro y Abadía (1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez
Viojo (1798-1871). Puxéronlle os nomes de María Rosalía Rita.
1838: Foi coidada polas tías paternas María
Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño.
1842: Consta que vivía coa súa nai en Padrón.
1850: Trasládase con súa nai a Compostela, onde
participa nas actividades do Liceo de la Juvendud como actriz.
1855: Reside coa súa nai en Padrón.
1856: Viaxa a Madrid. Residirá na casa da súa
tía María de Castro.
1857: Publica o seu primeiro libro en castelán,
o poemario La Flor no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de
Murguía.
1858: O 10 de outubro casa con Manuel de
Murguía en San Ildefonso de Madrid.
1859: Primeira novela, La hija del mar.
Nace a
súa primeira filla, Alexandra (Santiago, 1859). Os outros fillos son: Aura
(Santiago, 1868), os xemelgos Gala e Ovidio (Lestrobe, 1871), Amara (A Coruña,
1873), Adriano Honorato (Santiago, 1875) e Valentina (Santiago, 1877).
1862: Segunda novela, Flavio.
1863: Volve para Santiago. Publica A mi
madre e Cantares gallegos, obra considerada símbolo do Rexurdimento
literario pleno (Vigo, Juan Compañel).
1864: Publica o seu único conto en galego: Contos
da miña terra. O matrimonio reside en Lugo.
1867: Publica a súa novela máis longa, aínda
que coma o resto en castelán: El caballero de las botas azules.
1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de
Simancas (Valladolid), cargo que exercerá ata 1870. Polo seu cargo a familia
viaxa pola Mancha, Estremadura, Murcia, Alacante, Madrid.
1869-1870: En Simancas escribe grande parte do
poemario Follas Novas.
1870: reside en Madrid onde coñece a Bécquer.
1871: Murguía é trasladado ao Arquivo do
Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña. Alterna a
residencia con Lestrobe.
1872: Segunda edición de Cantares Gallegos que contén 4 poemas máis. É a única reedición
dun libro de Rosalía, mentres ela aínda vive.
1878-1881: Vive en Santiago, alterna a súa
residencia en Santiago con estancias en Lestrobe.
1880 Publícase Follas Novas, obra que a
consagra.
1883: Desde este ano vive nunha casa no lugar
de A Matanza (Padrón). Desde 1972, é Casa-Museo.
1884: Publica o seu último libro de poemas: En
las orillas del Sar.
1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo.
É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Adina que ela cantara en
célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.
1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver
e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente nun
mausoleo creado polo escultor Jesús Landeira, na capela da Visitación do Convento de San
Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.
Une con frechas
as cidades e vilas que percorreu Rosalía entre 1837 e 1855
- ROSALÍA VIAXEIRA (1856-1871). Sinala
as Comunidades e cidades nas que viviu Rosalía entre eses anos.
- Une con frechas as localidades nas que pasou
Rosalía os derradeiros anos (1878-1885)
2.- Que sabes de Rosalía?
Rosalía-quest
1- Por que se celebra hoxe o día de Rosalía?
a) Porque
morreu un 24 de febreiro
b) Porque
naceu un 24 de febreiro
c) Porque
non quedaban máis días
2- En que ano naceu?
a) 1837
b) 1937
c) 1737
3- Quen foi o seu pai?
a) Foi filla
dun conde
b) Foi un
crego, polo que era "filla de solteira"
c) Xosé de
Castro
4- Con quen casou?
a) Eduardo
Pondal
b) Manuel
Murguía
c) Curros
Enríquez
5- Sinala que obra NON é de Rosalía
a) Cantares Gallegos
b) Queixumes dos pinos
c) Follas Novas
6- Por que o 17 de maio é o Día das Letras Galegas?
a) É o día
no que se publicou Cantares Gallegos
no ano 1863
b) É o día
no que morreu Rosalía
c) É o día
no que se escribiu Sempre en Galiza
7- Continúa estes versos: " Adiós ríos, adiós fontes..."
a) Adiós, regatos pequenos
b) Adiós, meus pequeno nenos
c) Adiós, amoriñas das silveiras
8- Saberías dicir a que poema pertencen estes versos?
"
Cando penso que te fuches,
negra
sombra que me asombras,
ó pé dos
meus cabezales
tornas
facéndome mofa."
a) Unha vez
tiven un cravo
b) Negra
Sombra
c) Adiós
ríos
9- Onde está a casa museo Rosalía de Castro?
a) En
Santiago de Compostela
b) En A
Coruña
c) En Padrón
10- "
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan
sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!"
De que é este poema e a quen está dedicado?
a)
A Rosalía, de Curros Enríquez
b)
A Rosalía, de Manuel Murguía
c)
A Rosalía de Eduardo Pondal
11- Onde está enterrada Rosalía?
a)
En Padrón
b)
En Vigo
c)
No Panteón de Galegos Ilustres de Santiago
12- En
que século escribiu?
a) XVIII
b) XIX
c) XX
13-
Cantos fillos tivo?
a) Ningún
b) Tres
c) Sete
14- E
agora, unhas preguntiñas sobre o seus poemas. Saberías dicir...
1- Que
campás fan chorar a Rosalía?
a) as de
Santiago
b) as de
Bastabales
2- A
gaita galega: chora ou canta?
a) Chora
b) Canta
3- De
que cor volven de Castela os galegos?
a) Branca
b) Negra
4- Que
árbores prantou na súa hortiña?
a)Eucaliptos
b)
Figueiriñas
5-
Enriba de que estaba o moucho?
a) do
penedo
b) dunha
póla
6- Cal é
o lugar máis fermoso do mundo para ela?
a) Galicia
b) Portugal
7- Que
tempo hai por Laíño?
a)
Despexado
b) Chove
miudiño
3.- Encrucillado rosaliano.
1.- Vertical: Pra… , título dun
poema de Follas novas co nome da capital de Cuba.
2.- Vertical: Apelido do seu home.
3.- Vertical: Adxectivo do título do libro publicado en 1880.
4.- Vertical: Ao revés, substantivo do título do libro publicado en 1863.
5.- Horizontal: As de Bastavales, parroquia do concello de Brión son as
máis famosas.
6.- Horizontal: Título, sen artigo, do seu primeiro libro de poemas escrito en castelán.
7.- Horizontal: Título do terceiro libro de Follas novas.
8.- Vertical: 1ª palabra do pseudónimo da escritora á que lle dedica Cantares gallegos.
9.- Vertical: Nome do cemiterio no que foi soterrada en 1885.
10.- Horizontal: Título da súa segunda novela.
11.- Horizontal: Terceiro nome de pía da autora.
12.- Vertical: Río que aparece no título do seu único libro de poemas en
castelán.
13.- Horizontal: Casa, hoxe museo, na que pasou os seus derradeiros días.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1
|
|
|
|
|
|
|
|
|
2
|
|
|
3
|
|
4
|
|
|
|
|
5
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
6
|
|
|
|
|
|
7
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
8
|
|
9
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
10
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
11
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
12
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
13
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Solución:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
2
|
|
|
3
|
H
|
4
|
|
|
|
|
|
5
|
C
|
A
|
M
|
P
|
A
|
N
|
A
|
S
|
|
|
|
|
|
|
|
|
U
|
|
|
O
|
B
|
E
|
|
|
|
|
6
|
F
|
L
|
O
|
R
|
|
7
|
V
|
A
|
R
|
I
|
A
|
|
|
|
|
|
|
G
|
|
|
A
|
N
|
A
|
|
|
|
|
8
|
|
9
|
|
U
|
|
|
S
|
A
|
T
|
|
|
|
10
|
F
|
L
|
A
|
V
|
I
|
O
|
|
|
|
N
|
|
|
|
|
E
|
|
D
|
|
A
|
11
|
R
|
I
|
T
|
A
|
|
|
|
|
R
|
|
I
|
|
|
12
|
|
|
|
C
|
|
|
|
|
N
|
|
N
|
|
|
S
|
|
|
|
|
|
|
13
|
M
|
A
|
T
|
A
|
N
|
Z
|
A
|
|
|
|
|
|
|
|
|
N
|
|
|
|
|
R
|
|
|
|
|
|
|